Atención Sicolóxica

Programa de xestión do estrés, educación emocional e Mindfulness

Está destinado a adquirir estratexias para capacitar ao/á menor na súa autoxestión emocional, comportamental e social e diminuír os problemas relacionados co exceso de ansiedade e/ou impulsividade.

O programa inclúe:

  • Formato grupal
  • Sesións semanais do/a menor
  • Acompañamento familiar frecuente
  • Contacto trimestral co centro escolar
  • Un informe de seguimento a petición familiar e/ou escolar
Control das emocións

Os obxectivos do programa son:

  • A mellora da capacidade atencional e da concentración, así como o adestramento atencional na detección de tensión corporal con obxectivos de relaxación.
  • O desenvolvemento da Intelixencia Emocional: A educación e acompañamento na xestión de emocións, estimulando a confianza e a seguridade en si mesmo/a e desenvolvendo as competencias emocionais intra e interpersoais.
  • O fomento da expresión oral e as habilidades sociais: estimulando as habilidades socioemocionais, a colaboración entre iguais e o respecto ás opinións e velocidades alleas. Fomentando a manifestación das propias emocións, necesidades ou preferencias, expresándoas a través da asertividade.
  • O acompañamento e instrución na xestión do estrés: Proporcionando estratexias de planificación, desenvolvendo habilidades de resolución de problemas da vida diaria e facilitando ferramentas de xestión da ansiedade.
  • A mellora na xestión do propio comportamento: A través do aumento da flexibilidade cognitiva, do control inhibitorio e o do control dos propios impulsos.
  • A prevención ante conductas de risco na poboación adolescente: alcoholismo, drogadicción, prácticas sexuais sen protección, exclusión social, …

Outros programas

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies