Cando unha familia se plantexa ter outro fillo/a o fai coa intención de enriquecer as relacións, ofrecerlle experiencias satisfactorias ó fillo/a que xa teñen e tamén ó que se incorporará e outras razóns que sempre son para mellorar e aportar. Todos desexamos unha familia onde primen as boas relacións entre os seus membros e os […]
Atención sicolóxica

Dificultades de aprendizaxe
Falla escolar, desmotivación, problemas de concentración...

Xestión emocional
Medo, ansiedade, rabia, dores de cabeza, insomnio...

Problemas de conducta
Impulsividade, desobediencia, actitude desafiante...

Alta capacidade
Creatividade, motivación, habilidades sociais, xestión do estrés.

Habilidades sociais
Problemas cos compañeiros/as, dificultades para facer amizade.
O equipo

SILVIA BARREIRO MARIÑO
Coordinadora da Área infantoxuvenilLicenciada en Sicopedagoxía pola Universidade de Vigo
Máster en Avaliación e Intervención sicopedagóxicas nos Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá pola Universidade de Santiago de Compostela.
Diplomada en Maxisterio pola Universidade de Vigo. Especialidade: Educación infantil
Experta en desenvolvemento Infanto-xuvenil, necesidades educativas especiais e atención familiar.

IVÁN RIVEIRO ÁLVAREZ
Técnico auxiliar. Responsable de xestión e administraciónAuxiliar de clínica.
Instructor de Mindfulness e Programas de adestramento atencional pola Universidade Europea Miguel de Cervantes.
Formación en Terapia de Son con Jacomina Kistemaker, Román García Lampaya e Rafael Monsonís Carpio.
Con coñecementos teóricos e aplicados de Coaching.
Técnico en masaxe. Investigador do impacto na saúde mental derivado da aplicación de técnicas corporais.

MARÍA TERESA GONZÁLEZ MALLO
Directora do centroLicenciada en Sicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Colexiada nº G-3125, membro das seccións Clínica e Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Especialista en Sistémica Familiar.
Grao profesional de Música. Especialidade: canto.
Master en Sicoloxía da Música.
Membro da Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical.
Outros
servizos
Mantente informado
El juego y los juguetes. Qué debemos tener en cuenta?
Con la proximidad de la Navidad ha caído en mis manos un artículo de Rosabel Rodríguez, Doctora en Psicopedagogía y Psicología, en el que habla acerca del juego y de qué debemos tener en cuenta a la hora de escoger un juguete para nuestro hijo/a. Me pareció muy interesante compartir algunas reflexiones de […]
O xogo e os xoguetes. Qué debemos ter en conta?
Coa proximidade do Nadal caeu nas miñas mans un artigo de Rosabel Rodríguez, Doutora en Psicopedagoxía e Psicoloxía, no que fala sobre o xogo e explica que debemos ter en conta á hora de escoller un xoguete para o noso fillo/a. Pareceume moi interesante compartir algunhas reflexións das que expón e espero que vos […]
Verán e asignaturas pendentes. SOS!!!!
Hai veces nas que ó finalizar o curso debemos planificar novamente o estudo dalgunhas materias das que non alcanzamos os obxectivos marcados para o curso escolar. Por outra banda o verán é un periodo de descanso, físico e mental, de romper coas rutinas do curso, de facer outras actividades diferentes. Pero, é isto compatible coa […]
ADOLESCENCIA E EMOCIÓNS EN TEMPOS DE PANDEMIA
ADOLESCENCIA. A temida palabra. A adolescencia é unha etapa evolutiva e de transición entre a infancia e a idade adulta, que oscila entre os 10 e os 19 anos. Cómpre entender esta etapa coma un período cheo de cambios, no que o/a neno/a irá descubríndose a sí mesmo/a na interrelación e contacto cos seus iguais […]
APRENDER A VIVIR CON CERTO TEMOR
O contacto con outros nenos/as, cos profesores e coa familia é imprescindible para o correcto desenvolvemento infatil e xuvenil. En Marzo a pandemia mundial xerada pola Covid 19 obrigounos a confinarnos nos nosos fogares sen data de caducidade, forzándonos a perder as nosas rutinas, illándonos das nosas familias e amigos e xerando en nenos e […]
Videoxogos: Perxuízos e/ou beneficios
A medida que o tempo de ocio da infancia está cada vez máis centrado na tecnoloxía e os videoxogos saltan as alarmas sobre os posibles prexuízos dunha exposición prolongada dos cerebros en desenvolvemento. Son os videoxogos beneficiosos ou perigosos?
O acoso escolar: Segunda parte
Sinais de alerta en caso de acoso escolar. A que debemos estar atentos e atentas?
O acoso escolar: Primeira parte
A normalización da violencia nas aulas: que é e quen participa no acoso escolar.
Os campamentos de verán: unha oportunidade
Segundo afirman os expertos e expertas en sicoloxía os campamentos de verán son toda unha experiencia inesquecible para as familias.
Faq
Non hai unha norma específica. Sen embargo sempre que exista un malestar persistente no fogar ou no propio menor para o que non se atopa solución pode ser un bo indicador para pedir axuda.
A duración dun tratamento sicolóxico depende de moitos factores. Procuramos sempre que as nosas terapias sexan o máis breves posible, sen embargo non podemos determinar con anterioridade a súa duración exacta porque é a persoa a que marca o ritmo.
O programa asignado a cada neno ou nena está adaptado as súas necesidades e características, polo que, dependendo dos obxectivos acordados coa familia, o traballo poderá ser en grupo ou individual, pero sempre buscando maximizar os beneficios para o/a menor.
Os pagos poden realizarse en efectivo, por transferencia bancaria ou con tarxeta.
Na primeira consulta te informaremos das axudas e bolsas ás que pode acceder a túa familia e como solicitalas para iniciar un tratamento.
As nosas instalacións
O noso centro dispón de tres salas acondicionadas para o óptimo desenvolvemento das nosas actividades.
Sala de atención educativa
É un espazo que fomenta o traballo colaborativo, a comunicación interpersoal, a tranquilidade e a concentración. Contamos con diversidade de materiais sicoeducativos que favorecen a aprendizaxe, o xogo e a creatividade.
Sala de sicoloxía
É unha zona acolledora e íntima. Favorece unha interacción máis persoal, onde compartir experiencias e emocións.
Sala de mindfulness
Está destinada ao traballo en Mindfulness, atención plena e relaxación. Trátase dun espazo luminoso, diáfano e confortable, que busca o contacto coa meditación e a serenidade.