Outros servizos

Programa de Adestramento atencional en Mindfulness

O Programa está destinado a desenvolver e optimizar o noso estado mental mediante prácticas e adestramento en atención ou conciencia plena. O obxectivo do Mindfulness é dotarnos dun método que nos permita xestionar as nosas emocións, reaccións, actitudes e pensamentos e poder afrontar as situacións que nos presenta a vida. Mediante a práctica da atención plena desenvolvemos actitudes positivas en relación ao noso estado mental e emocións, chegando á aceptación do presente e de nós mesmos.

A estrutura:

  • Destinatarios: Poboación adulta e adolescencia
  • Formato individual.
  • Duración: 2 meses (1 hora/semana durante 8 semanas consecutivas).
  • Temporalización: O programa ofrécese durante todo o ano.
mindfullnes

Os obxectivos:

  • O autodescubrimento do propio estado mental de automatización/conciencia.
  • A adquisición de destrezas saudables: respiración correcta, mellora da capacidade de desfrute persoal e conciencia do propio grao de felicidade.
  • A melloría na xestión da ansiedade e do estrés.
  • A optimización das funcións executivas: atención, concentración, planificación, fixación de metas, toma de decisións, organización, inhibición, flexibilidade…
  • A mellora das relacións interpersoais.
  • A creación dun hábito persoal de prácticas formais e informais.

Empregamos unha metodoloxía baseada en técnicas e materiais físicos adaptados ás necesidades de cada persoa, favorecendo a personalización do método e a súa aplicación a cada caso particular.

Outros servizos

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies