Método Conversa

Filosofía

O método Conversa nace amparado por un grupo de profesionais coa firme convicción de que cada neno e nena é un tesouro no que existe unha fonte inesgotable de aprendizaxe. Sabemos que a diversidade permite a cada persoa crearse e recrearse coa axuda e guía de quenes se atopan ao redor.

Acompañamos á persoa no seu crecemento partindo do seu presente, das súas circunstancias, características persoais e das súas propias metas. Axudamos a recuperar o equilibrio, fomentando o autodescubrimento das debilidades e fortalezas co obxectivo de crear estratexias persoais que compensen as dificultades.

O noso traballo é proporcionar á persoa as ferramentas que precisa para crecer sen límites, buscando, entre todos e todas, a mellor maneira de alcanzar unha boa calidade de vida, saúde emocional, física, mental e satisfactoria convivencia no seu fogar.

O noso método conta cos recentes aportes científicos da neurosicoloxía, entendendo que educar é unha complexa consecuencia de continuos factores sicolóxicos, emocionais, físicos e comportamentais na que os adultos e adultas temos un papel fundamental como modelos de referencia para a infancia.

Os nosos tratamentos se deseñan de maneira individualizada para cada neno e nena, programando os obxectivos na adquisición de niveis medios-altos nas competencias básicas (comunicación lingüística, competencia matemática e nas ciencias e tecnoloxía, competencia dixital, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía persoal). Acompañamos as nosas intervencións, tanto educativas como sicolóxicas, da xestión do estrés baseada no Mindfulness ou adestramento da atención plena.

Método Conversa

Procedemento

En Conversa baseámonos no lema “cercanía e profesionalidade”. Atendemos ás necesidades individuais de familias e cativos dende a infancia á xuventude.

O noso obxectivo é fomentar un desenvolvemento integral saudable a través dunha perspectiva neurocientífica aplicando técnicas avaladas pola comunidade científica.

Unha vez que a familia contacta con nós, informamos do noso procedemento que, en liñas xerais, recollemos a continuación:

procedemento-conversa
  • 1.

    Entrevista familiar

    Empregamos unha metodoloxía de traballo colaborativa. Neste sentido, nunha sesión de 60-90 minutos de duración recollemos datos relacionados coa historia evolutiva, familiar e escolar do neno ou nena mediante unha entrevista semiestruturada coas persoas que viven no fogar.

  • 2.

    Avaliación neurosicolóxica

    Xunto co neno ou nena, levamos a cabo unha avaliación sicolóxica individual co obxectivo de detectar as circunstancias persoais e/ou ambientais, así como as propias características cognitivas, emocionais e sicosociais que están influíndo no mantemento da situación. Este proceso inclúe:
    - Administración de probas sicolóxicas e de carácter observacional.
    - Entrega dun informe neurosicolóxico.

  • 3.

    Orientación e/ou Tratamento

    Unha vez obtidos os resultados da valoración, guiamos ás familias nos posibles cambios terapéuticos. Se é necesario, propoñemos un tratamento.

    As nosas intervencións se deseñan de maneira individualizada para cada neno ou nena, programando os obxectivos en función das características persoais do menor e da familia. Cada persoa recibe unha atención especializada, grupal ou individual, en función das súas necesidades.

  • 4.

    Seguimento personalizado

    Para favorecer o benestar real dos menores damos moita importancia ao contacto coa familia e o centro escolar.

    Propoñemos reunións mensuais ou trimestrais, co obxectivo de analizar a evolución do menor e os posibles obstáculos que vaian xurdindo.

Cremos nunha sicoeducación que abrangue o apoio educativo e o desenvolvemento cognitivo e emocional. Todos os nosos tratamentos inclúen adestramento en Mindfulness/atención plena para mellorar as funcións executivas (habilidade de organización, planificación, reflexividade, etc) e aplicación de técnicas de xestión emocional.

Equipo

photo5886612700962860911(2)

ANDREA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

Coordinadora da Área infantoxuvenil

Licenciada en Sicoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca

Colexiada nº G-5591

Mestrada en Neurociencia Cognitiva pola Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de A Coruña.

Posgraduada en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Vigo.

Experta en desenvolvemento Infanto-xuvenil, necesidades educativas especiais e atención familiar.

Investigadora da influencia do consumo intensivo de alcohol no adolescente. Actualmente investigadora das consecuencias sicosociais das novas tecnoloxías entre a xuventude.

20190115_112545 (2)

IVÁN RIVEIRO ÁLVAREZ

Técnico auxiliar. Responsable de xestión e administración

Auxiliar de clínica.

Especialista en Mindfulness e Programas de adestramento atencional.

Formación en Terapia de Son con Jacomina Kistemaker, Román García Lampaya e Rafael Monsonís Carpio.

Con coñecementos teóricos e aplicados de Coaching.

Técnico en masaxe. Investigador do impacto na saúde mental derivado da aplicación de técnicas corporais.

photo5886612700962860909 (2)

MARÍA TERESA GONZÁLEZ MALLO

Directora do centro

Licenciada en Sicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Colexiada nº G-3125, membro das seccións Clínica e Educativa do Colexio Oficial de Sicoloxía de Galicia.

Especialista en Sistémica Familiar.

Experiencia en aplicación de configuracións.

Coñecementos de hipnose, coaching e programación neurolingüística.

Grao profesional de Música. Especialidade: canto

Membro da Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical.

As nosas instalacións

O noso centro dispón de tres salas acondicionadas para o óptimo desenvolvemento das nosas actividades.

Sala de atención educativa

É un espazo que fomenta o traballo colaborativo, a comunicación interpersoal, a tranquilidade e a concentración. Contamos con diversidade de materiais sicoeducativos que favorecen a aprendizaxe, o xogo e a creatividade.

Sala de sicoloxía

É unha zona acolledora e íntima. Favorece unha interacción máis persoal, onde compartir experiencias e emocións.

Sala de mindfulness

Está destinada ao traballo en Mindfulness, atención plena e relaxación. Trátase dun espazo luminoso, diáfano e confortable, que busca o contacto coa meditación e a serenidade.

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies