Atención Sicolóxica

Programa de técnicas de estudo

O programa está destinado a favorecer e optimizar un método de estudo adaptado ás características e preferencias do/a neno/a e adolescente, empregando os propios puntos fortes para compensar as dificultades e mellorar o rendemento académico.

O programa inclúe:

  • Formato grupal
  • Sesións semanais do/a menor
  • Acompañamento familiar frecuente
  • Contacto trimestral co centro escolar
  • Un informe de seguimento a petición familiar e/ou escolar
Técnicas de estudo

Os obxectivos do programa son:

  • A mellora da capacidade atencional, da concentración e da velocidade de procesamento.
  • A interiorización dunha axeitada planificación e organización do estudo adaptada ás circunstancias persoais e ao propio estilo de aprendizaxe.
  • A mellora da velocidade e a comprensión lectoras.
  • A aprendizaxe das habilidades de síntese, selección de ideas principais e secundarias e estruturación dun texto formal.
  • A aprendizaxe das técnicas básicas de optimización do estudo: Subliñado, resumo e elaboración de diferentes tipos de esquemas e mapas.
  • A aprendizaxe de regras mnemotécnicas e optimización da memoria.

Outros programas

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies