Atención Sicolóxica

Programa de orientación e asesoramento na crianza

O programa ten como finalidade aportar ás familias estratexias para favorecer o desenvolvemento do seu fillo/a no contexto natural do fogar. Busca orientar na resolución das dificultades que poidan xurdir no proceso de crianza e aquelas consecuencia da diversidade funcional dos/as cativos. Partimos do emprego de prácticas educativas positivas que permitan educar dende a firmeza e a amabilidade e que, a súa vez, faciliten aprendizaxes funcionais (rutinas).

O programa inclúe:

  • Formato flexible (grupal ou individual en función das necesidades do/a menor).
  • Dúas sesións ao mes co/a menor.
  • Dúas sesións ao mes de acompañamento familiar.
  • Contacto trimestral co centro escolar.
  • Un informe de seguimento a petición familiar e/ou escolar.
Terapia familiar

Os obxectivos do programa son:

  • A consecución dunha satisfactoria convivencia no fogar.
  • A capacitación da familia para favorecer un desenvolvemento saudable no seu fillo/a.
  • A aprendizaxe de pautas e ferramentas educativas para a resolución de conflitos.
  • A identificación e busca de situacións de aprendizaxe.
  • O aumento da autonomía e a adquisición de rutinas no/a menor.
  • O fomento da independencia e a responsabilidade no/a menor.
  • O Autocoidado: conceder valor ás propias necesidades.

Outros programas

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies