Atención Sicolóxica

Programa de enriquecemento educativo para infancia e adolescencia con alta capacidade

Está destinado a favorecer o desenvolvemento sistemático das altas capacidades, traballando nas catro áreas fundamentais dos/as nenos/as e adolescentes destas características: motivación, creatividade, xestión emocional e habilidades sociais.

O programa inclúe:

  • Formato grupal
  • Sesións semanais do/a menor
  • Acompañamento familiar frecuente
  • Contacto trimestral co centro escolar
  • Un informe de seguimento a petición familiar e/ou escolar
Altas Capacidades

Os obxectivos do programa son:

  • O aumento da motivación ante as tarefas educativas partindo dos propios intereses.
  • O fomento da capacidade creativa.
  • O traballo dos distintos talentos e a ampliación dos centros de interese.
  • O fomento dunha actitude crítica e construtiva a través de actividades de investigación e debate.
  • O desenvolvemento da Intelixencia Emocional: A educación e acompañamento na xestión de emocións e manexo da frustración, estimulando a confianza e a seguridade en si mesmo/a e desenvolvendo as competencias emocionais intra e interpersoais.
  • O fomento da expresión oral e as habilidades sociais: estimulando as habilidades socioemocionais, a colaboración entre iguais e o respecto ás opinións e velocidades alleas. Fomentando a manifestación das propias emocións, necesidades ou preferencias, expresándoas a través da asertividade.
  • O acompañamento e instrución na xestión do estrés: proporcionando estratexias de planificación, desenvolvendo habilidades de resolución de problemas da vida diaria e facilitando ferramentas de xestión da ansiedade.
  • A mellora na xestión do propio comportamento: A través do aumento da flexibilidade cognitiva, do control inhibitorio e o do control dos propios impulsos.
  • O adestramento de estratexias dirixidas á relaxación.

Outros programas

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies