presenta

Método Conversa

Atendemos as necesidades das familias e cativos dende a infancia á xuventude. O noso obxectivo é favorecer o benestar físico, mental e emocional, contando cos recentes aportes neurosicolóxicos e as técnicas avaladas pola comunidade científica.

Coñece a nosa filosofía e método:

  • Programas personalizados e flexibles
  • Traballo a través das competencias básicas
  • Estimulación das funcións executivas
  • Xestión do estrés e intelixencia emocional
  • Adestramento en atención plena ou Mindfulness

O equipo

11

SILVIA BARREIRO MARIÑO

Coordinadora da Área infantoxuvenil

Licenciada en Sicopedagoxía pola Universidade de Vigo

Máster en Avaliación e Intervención sicopedagóxicas nos Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá pola Universidade de Santiago de Compostela.

Diplomada en Maxisterio pola Universidade de Vigo. Especialidade: Educación infantil

Experta en desenvolvemento Infanto-xuvenil, necesidades educativas especiais e atención familiar.

FFinal Ivan web 2022 – copia

IVÁN RIVEIRO ÁLVAREZ

Técnico auxiliar. Responsable de xestión e administración

Auxiliar de clínica.

Instructor de Mindfulness e Programas de adestramento atencional pola Universidade Europea Miguel de Cervantes.

Formación en Terapia de Son con Jacomina Kistemaker, Román García Lampaya e Rafael Monsonís Carpio.

Con coñecementos teóricos e aplicados de Coaching.

Técnico en masaxe. Investigador do impacto na saúde mental derivado da aplicación de técnicas corporais.

Tere web 2022

MARÍA TERESA GONZÁLEZ MALLO

Directora do centro

Licenciada en Sicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Colexiada nº G-3125, membro das seccións Clínica e Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Especialista en Sistémica Familiar.

Grao profesional de Música. Especialidade: canto.

Master en Sicoloxía da Música.

Membro da Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical.

Foto Xacobe recortada Decembro 2022 – copia

XACOBE ROMASANTA ÁLVAREZ

Colaborador

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Vigo. Especialidade: Educación infantil.

Experto en configuracións familiares pola escola ECOS de Barcelona.

Life Coach pola Escuela Europea de Líderes (EEL) de Pontevedra

photo_5841452872192080689_y – copia

SANDRA G. VERBA SZERMAN

Colaboradora

Formación en Sicoloxía Social

Sicomotricista

Terapeuta Gestalt por Guibor Escola galega de Terapia Gestalt

Especialista en recursos expresivos en Corpo, Sicodrama, Grupo e Creatividade

Outros
servizos

Obradoiro de técnicas de estudo

Obradoiro de educación afectivo-sexual

Programa Mindfulness ou adestramento en atención plena.

Atención sicolóxica a adultos

Mantente informado

dislexia

Un rato para a dislexia.

A Dislexia é unha dificultade específica da aprendizaxe da lectura e da escritura en nenos e nenas con intelixencia, motivación e escolarización normais. Maniféstase con dificultades ao ler ou escribir, entre as que podemos observar investir sílabas, engadir letras, substitucións ou non facer as pausas adecuadas entre outras. Non sabemos a causa, pero os estudos […]

pexels-pixabay-163064

A familia como protagonista na intervención.

  Así é, como dicían na película “O padriño”, “A familia é o máis importante”. Cando falamos de intervención dirixida a nenos/as e adolescentes tamén. A nosa intervención debe sempre ter en conta á familia e convertela en protagonista, en eixo central da nosa labor terapéutica. Coñecer con que familia imos traballar, cales son as […]

vista-frontal-nino-que-usa-abaco-aprender-contar

Falemos de Discalculia.

Existen diversos criterios diagnósticos, pero en xeral podemos falar de discalculia para referirnos a un trastorno da aprendizaxe de orixe neurobiolóxico, que afecta á adquisición do coñecemento dos números e o cálculo en persoas cun nivel intelectual normal e que non é causado por estar privados de ensino nin por utilizar para o mesmo un […]

umbrella-1588167_1280

Altas Capacidades: vantaxe ou inconveniente.

Ó longo do curso teño entrevistas con familias que están preocupadas polo benestar dos seus fillos, por dificultades nas habilidades sociais, porque non teñen ferramentas para organizar os estudos, polo estado emocional ou buscando un diagnóstico que poida marcar un camiño a seguir. Cando avalío nenos/as que rematan con un diagnóstico de altas capacidades o […]

motivación

Motivación e aprendizaxe.

O termo motivación provén da palabra latina “movere” que significa moverse, poñer en movemento ou estar listo/a para a acción. Se o aplicamos á aprendizaxe podemos dicir que unha persoa que quere aprender lógrao con maior facilidade que outra que non quere ou á que lle é indiferente. Esta motivación á que nos referimos pódea […]

arte en terapia 2

A arte en terapia.

Recursos terapéuticos creativos como a plástica, a pintura, a música, o movemento, permítennos, os que traballamos con ela, achegar un valioso material de información persoal, que nos “fala” o mundo interior de nenos, adolescentes e adultos. O universo das emocións e das vivencias é un lugar privado ao que só “cada ún” ten acceso, ese […]

alta demanda

Nenos e nenas de alta demanda.

Os nenos/as altamente demandantes son aqueles que dende bebés choran moito, buscan atención constante, son moi sensibles e viven con emoción desbordante situacións que en principio son pouco importantes ou de menor intensidade. A súa reacción emocional é altamente intensa e a demanda cara o entorno é tamén da mesma intensidade, sobre todo coas figuras […]

brain-2062048_1920

Avaliación das funcións executivas no neno.

As funcións executivas abarcan unha serie de operacións cognitivas que inclúen habilidades vinculadas á capacidade de organizar e planificar unha tarefa, seleccionar os obxectivos, iniciar un plan e sostelo na mente mentres se executa, inhibir as distraccións, cambiar de estratexias con flexibilidade e, se é preciso, autorregular e verificar que estamos no bo camiño para […]

Faq

Non hai unha norma específica. Sen embargo sempre que exista un malestar persistente no fogar ou no propio menor para o que non se atopa solución pode ser un bo indicador para pedir axuda.

A duración dun tratamento sicolóxico depende de moitos factores. Procuramos sempre que as nosas terapias sexan o máis breves posible, sen embargo non podemos determinar con anterioridade a súa duración exacta porque é a persoa a que marca o ritmo.

O programa asignado a cada neno ou nena está adaptado as súas necesidades e características, polo que, dependendo dos obxectivos acordados coa familia, o traballo poderá ser en grupo ou individual, pero sempre buscando maximizar os beneficios para o/a menor.

Os pagos poden realizarse en efectivo, por transferencia bancaria ou con tarxeta.

Na primeira consulta te informaremos das axudas e bolsas ás que pode acceder a túa familia e como solicitalas para iniciar un tratamento.

As nosas instalacións

O noso centro dispón de tres salas acondicionadas para o óptimo desenvolvemento das nosas actividades.

Sala de atención educativa

É un espazo que fomenta o traballo colaborativo, a comunicación interpersoal, a tranquilidade e a concentración. Contamos con diversidade de materiais sicoeducativos que favorecen a aprendizaxe, o xogo e a creatividade.

Sala de sicoloxía

É unha zona acolledora e íntima. Favorece unha interacción máis persoal, onde compartir experiencias e emocións.

Sala de mindfulness

Está destinada ao traballo en Mindfulness, atención plena e relaxación. Trátase dun espazo luminoso, diáfano e confortable, que busca o contacto coa meditación e a serenidade.

Se podemos axudar, contáctanos

to top button

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando, está a dar o seu consentimento para a súa aceptación. Consulte nosa política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies