Os nenos/as altamente demandantes son aqueles que dende bebés choran moito, buscan atención constante, son moi sensibles e viven con emoción desbordante situacións que en principio son pouco importantes ou de menor intensidade. A súa reacción emocional é altamente intensa e a demanda cara o entorno é tamén da mesma intensidade, sobre todo coas figuras vinculares.
O máis normal nestes casos é que as figuras de apego acaben xestionando por el estas emocións e como consecuencia non aprenden a facerlles frente e a axustalas.
Se graduamos as emocións nunha escala do cero ó dez, facemos o mesmo coas situacións que as producen e observamos a relación entre os dous parámetros na nosa vida cotiá, nos damos conta de que normalmente se axustan ou hai moi pouca diferencia entre eles. No caso de nenos altamente demandantes non se produce esta concordancia, senón que non atopamos que ante situacións que poderíamos valorar sobre un 3 as reacción emocionais poden ser de un 9. Esta condición debemos ter en conta que é innata, involuntaria e que o vai a acompañar durante a súa vida, pero pode aprender a axustar situación e emoción ou aproximalas.
Como adultos podemos vivir con angustia as reaccións emocionais do noso/a fillo/a debido á intensidade das mesmas e podemos pensar que son realmente de gravidade, por iso é importante saber que son reaccións moi concretas no tempo.
A nosa actuación para axudalo/a pasa por permitirlle transitar pola emoción, pero sen sumar a nosa, porque iso aumentaría todavía máis a intensidade. Realizaremos un acompañamento calmado tentando reconducir a relación situación-emoción a niveles normáis ou próximos que non xeren problemas adaptativos a nivel familiar, persoal ou social.
Fonte: Sesión formativa de Helena Alvarado. Psicóloga sanitaria.
Silvia Barreiro Mariño
Licenciada en Psicopedagoxía
no replies