motivación

O termo motivación provén da palabra latina “movere” que significa moverse, poñer en movemento ou estar listo/a para a acción. Se o aplicamos á aprendizaxe podemos dicir que unha persoa que quere aprender lógrao con maior facilidade que outra que non quere ou á que lle é indiferente.

Esta motivación á que nos referimos pódea xerar a persoa espontaneamente ou pode ser inducida de maneira externa. Falariamos de motivación intrínseca e extrínseca respectivamente.

A motivación intrínseca prodúcenos satisfacción ao realizar unha tarefa ou conduta, mentres que na motivación extrínseca o que nos motiva é o beneficio obtido como resultado de desempeñala.

Podemos influír na motivación cara a aprendizaxe dos nosos alumnos/as ou fillos/as a través da nosa actitude, suscitando interese, dirixindo o esforzo e marcando obxectivos axustados ao seu potencial de aprendizaxe. Actitudes como manter unha actitude positiva e un ambiente agradable, estimular a curiosidade a partir dos coñecementos previos ou ser capaces de orientar a súa atención, fará que estean máis motivados antes de abordar unha aprendizaxe.

Para manter a motivación durante a aprendizaxe é imprescindible utilizar exemplos, empregar unha linguaxe familiar, introducir actividades cooperativas, mostrar a aplicación da aprendizaxe e orientar para superar aquelas dificultades que se poidan ir atopando.

Tras a realización das tarefas é importante que se valoren de maneira construtiva, evitando na medida do posible dar simples cualificacións e explicando persoalmente os detalles co obxectivo de incrementar a confianza na consecución de novos obxectivos.

Se logramos desenvolver unha actitude positiva froito da motivación, esta converterase nun facilitador da aprendizaxe.

Silvia Barreiro Mariño

Psicopedagoga

no replies

Leave your comment