Funciones ejecutivas

Cando unha familia se plantexa ter outro fillo/a o fai coa intención de enriquecer as relacións, ofrecerlle experiencias satisfactorias ó fillo/a que xa teñen e tamén ó que se incorporará e outras razóns que sempre son para mellorar e aportar. Todos desexamos unha familia onde primen as boas relacións entre os seus membros e os conflitos (sobre todo entre os fillos/as) se viven con frustración, culpabilidade e sufrimento. Sen embargo ás veces resulta complicado que non aparezan os indesexados ciumes ou que a relación entre os irmáns non se convirta en tóxica e insatisfactoria.Antes do nacemento dun irmán ou irmá hai determinadas actuacións que podemos levar a cabo para “preparar o terreo”, xa que con frecuencia o que atopamos son irmáns maiores con moitas obrigacións por ser os maiores e poucas vantaxes. Os conflitos xeralmente veñen provocados porque os proxenitores focalizan a atención no novo membro da familia e esperan que o seu irmán o trate do mesmo xeito. É interesante e moi recomendable establecer xerarquía entre os irmáns, para que dende a súa posición de irmáns maiores protexan ós pequenos por vontade propia. Algúns dos beneficios que poden ter estarían relacionados coa hora de ir durmir, recuperando así tamén un tempo que pode pasar só cos pais, darlle as chaves da casa, facerlle encargos que supoñan un certo nivel de responsabilidades, asignarlle unha paga semanal ou sentarse no lugar do copiloto cando viaxamos en coche, por exemplo.

Cando entre dous ou máis irmáns existe unha relación de rivalidade poden darse tres situacións que esixen actuacións diferentes:

– O irmán maior somete ó pequeno: Neste conflito o irmán maior busca posicionarse e pode ter solución se o dotamos de privilexios acordo a unha xerarquía e se deixamos de atendelo no momento do conflito e diriximos a atención ó pequeno. Isto iría acompañado dunha reestruturación da situación, explicándolle que lle imos dar un espazo para que se tranquilice porque comprendemos que non é fácil xestionar esa situación.

– O irmán pequeno somete ó maior: Este conflito se da cando o irmán maior é máis sumiso ou ten máis labilidade emocional. A actuación ten que ir dirixida a empoderar ó maior para que aprenda a poñer límites e a facerse cargo das súas emocións.

– Os dous irmáns están nunha posición de igualdade: Se os dous irmáns teñen o mesmo poder e non hai abuso os pais soen tomar o papel de xuíz. A proposta é saír dese triángulo e facer unha proposta de reestructuración da situación expoñendo que confiamos totalmente en que saben resolver eles sós esa situación, que esas pelexas son sanas entre irmáns e que os preparan para a vida adulta, ademais soen durar pouco e olvidarse rápido. Saímos do espazo da discusión ou derivamos a mesma a outra estancia e evitamos intervir se non é preciso.

Normalmente utilizamos estas estratexias de xeito inconsciente e o sistema familiar se adapta paulatinamente ós cambios introducidos, pero hai ocasións en que por circunstancias a convivencia se complica e existe sufrimento por algunha das partes. Si este é o caso recomendamos acudir a un especialista para que poidades expresar o problema, os sentimentos que produce e buscar a solución ou recibir as pautas que provoquen un cambio positivo.

Silvia Barreiro Mariño

Licenciada en Psicopedagoxía

no replies

Leave your comment