Ó longo do curso teño entrevistas con familias que están preocupadas polo benestar dos seus fillos, por dificultades nas habilidades sociais, porque non teñen ferramentas para organizar os estudos, polo estado emocional ou buscando un diagnóstico que poida marcar un camiño a seguir.
Cando avalío nenos/as que rematan con un diagnóstico de altas capacidades o motivo da consulta sempre é referido ó emocional, a non sentirse ben, a non encaixar no grupo de amigos, a un ambiente familiar incómodo, con continuas discusións, a unha baixa autoestima… e claro, pasa que un quere encaixar, ser como os demais, formar parte do grupo ou simplemente non sentirse un becho raro. E eu que pensaba que todas eran vantaxes…. non ter que estudar apenas, adicar todo ese tempo a outras afeccións, ou simplemente disfrutar do tempo libre, pero é que como ten a capacidade, a esixencia se triplica, e claro, ten que aproveitar o potencial, e se convirte nun vago, nun desobediente, intolerante, maleducado… porque esto de dicir a verdade tampouco queda ben. Que complicado!!! E pasa que deben comprimirse, axustarse a un perfil totalmente diferente ó seu, funcionar socialmente con normas que non sempre son razonables…é como se o mundo estivera patas arriba.
Cando este diagnóstico vai asociado a outro anterior ou posterior a cousa se complica, porque podemos ter AACC, pero tamén TDAH, ou TEA, e non ser capaces de organizarnos, de planificar, de tomar decisións ou de parar quietos. Por iso o diagnóstico é importante, para marcarnos obxectivos, axudar a mellorar a calidade de vida desta persoa, permitir o autocoñecemento e tomar medidas para que se desenvolva persoal, social e emocionalmente da mellor forma posible.
Vai a ser que isto de ter altas capacidades non é tan bo como pensaba. Ou quizais son os neurotípicos os que teñen que aprender e valorar o positivo das diferenzas? O certo é que un neno/a diagnosticado de altas capacidades sí segue programas de intervención, porque sente ese rexeitamento, esas miradas de envexa ou incluso de desprecio e non teñen as ferramentas para manexar estas experiencias doutro xeito que non sexa doloroso para el e para a familia.
Ter altas capacidades é maravilloso, como é maravilloso non ter altas capacidades, como é maravilloso ser bó deportista, cociñeiro, músico ou excelente conversador. En fin, para min, o que é maravilloso e poder ser un mesmo, sen culpa, sen molde.
Silvia Barreiro Mariño
Psicopedagoga
no replies