laptop-3087585_1920

Hai veces nas que ó finalizar o curso debemos planificar novamente o estudo dalgunhas materias das que non alcanzamos os obxectivos marcados para o curso escolar.

Por outra banda o verán é un periodo de descanso, físico e mental, de romper coas rutinas do curso, de facer outras actividades diferentes. Pero, é isto compatible coa preparación dos exames de setembro? Ou temos que renunciar á diversión, a relaxarnos e a pasar máis tempo coa familia e amizades?

Temos boas noticias, cunhas pequenas pautas podemos compatibilizar a preparación co resto de actividades, afrontar as probas con éxito e poder comenzar o novo curso coa base necesaria e tamén fortalecida.

Queremos aportar 5 consellos que che poden axudar na preparación das materias e darche á vez a posibilidade de desfrutar de tempo de lecer.

  1. Busca un espazo libre de distraccións. Debes sentir comodidade, cunha correcta posición da espalda e contar con boa iluminación, a poder ser natural. Busca un lugar da casa non moi frecuentado, lonxe de ruidos e onde poidas colocar o teu material de estudo. Se na túa casa é difícil atopar un lugar con estas características recomendamos utilizar as bibliotecas públicas.
  2. Organiza o teu tempo. Moitas veces estamos “estudando” horas e horas, pero, ¿cantas aproveitamos realmente? Cando falamos de atención e concentración sabemos que o cerebro rinde ó máximo durante un tempo determinado e a partir de ahí comeza a baixar polo que prolongar as horas sen descanso fai que estas sexan desaproveitadas. Podes establecer tandas de 50 minutos con descansos de 10 min. Se adicas duás sesións cada día disporás de tempo suficiente para a preparación das materias. Aconsellamos deixar un día da semana libre e dependendo do curso e da extensión das mesmas poderás dispor dalgún día máis para outras actividades.
  3. Reparte a materia ou materias que tes que preparar deixando un tempo para repaso. Antes de empezar a estudar elabora un calendario cos días que faltan para o exame e enche os espazos cos temas repartindo cada un en diferentes días. A nosa recomendación é adicar a cada tema 3 ou 4 sesións. Podes empezar por unha lectura rápida, facer despois un subliñado e acabar cun esquema que deberás estudar. Ten en conta que unha das sesións sería bo que a dediques a facer exercicios prácticos.

Establecendo as actividades no calendario consegues ter claro os obxectivos de cada día, tes a seguridade de rematar toda a materia e evitas perder tempo pensando qué parte estudar nese intre.

  1. Busca un material de estudo organizado, atractivo e claro. Podes pedirllo a un compañeiro/a de clase (seguro que estará encantado/a de botarche una man) ou pedir a axuda dun profesional en técnicas de estudo que che axude a organizar os contidos, a resolver dúbidas, a coñecer algúns “trucos” de memorización e tamén a darche ánimos nos momentos de baixón.
  2. Confía en ti. Eres a persoa que máis te coñece. Sabes que para triunfar nese exame de setembro o estudo debes facelo axustado ó teu estilo de aprendizaxe. Reférímonos a que hai persoas que precisan moverse para estudar, recitar en voz alta, debuxar, explicar o tema á mascota da casa… pero non te autoenganes e evita todas as distraccións posibles. Para saber se estas empregando as técnicas axeitadas recomendamos que vaias facendo pequenos exames ou autoavaliacións ó remate do estudo de cada tema. Así poderás facer cambios no teu método e aproveitar o tempo adicado.

Organizando o estudo e sendo constante afrontarás as probas con confianza e cos coñecementos necesarios para superalas. Lembra que poñendo todo da túa parte as posibilidades de éxito aumentan. Moito ánimo e a por todas!!!

Por certo… xa podes organizar os plans cos amigos e amigas porque vas ter tempo libre!!

Silvia Barreiro Mariño

Licenciada en Psicopedagoxía

no replies

Leave your comment