campamentos-verano-1–

Segundo afirman os expertos e expertas en sicoloxía os campamentos de verán son toda unha experiencia inesquecible para as familias.

Beneficios dos campamentos de verán para as familias e os/ as menores:

Novas aprendizaxes nun entorno totalmente natural que se transforman en parte das vivencias que poden desfrutar os pais e nais xunto aos pequenos, especialmente cando se logra conciliar a vida laboral cos días de descanso.

Comezamos coas vantaxes e oportunidades que implica este espazo de encontro para os nenos e nenas:

  • Evasión lúdica e relax total: nos campamentos de verán desenvólvense actividades deportivas en lugares abertos, como un valor engadido para deixar que flúa a enerxía positiva.
  • Valores compartidos: onde os nenos e nenas cambian as súas habilidades sociais e melloran a aceptación do outro, ademais da solidariedade nun ambiente de comunicación.
  • Especialización: axudan a desenvolver habilidades e aptitudes con campamentos temáticos: idiomas, música, deportes, teatro, entre outros, sempre cos beneficios de contar con profesionais de ampla experiencia no ámbito da sicoloxía e sicopedagoxía.
  • Outros beneficios: melloran a súa competencia no traballo de grupo, realizan novas actividades, desenvólvense de forma autónoma e fomentan un saudable estilo de vida.

¿Como benefician os campamentos de verán á familia?
Favorecen a conciliación familiar, porque poden dedicar ese tempo ao propio autocoidado, favorecendo o descanso e renovación das súas enerxías.

Ademais os campamentos de verán poden ser oportunidades de aprendizaxe de rutinas fundamentais. Os nenos e nenas poden aprender responsabilidades, cumprir a súas obrigas diarias e xestionar o seu día a día para logo xeneralizalo á súa vida no fogar.

Tamén pode converterse nunha oportunidade de establecer un vínculo máis profundo para as familias que participen conxuntamente nas actividades dos campamentos de verán, mellorando as relacións persoais nun espazo distendido e agradable para todos.

no replies

Leave your comment