mother-consoling-her-sad-daughter 2

ADOLESCENCIA. A temida palabra. A adolescencia é unha etapa evolutiva e de transición entre a infancia e a idade adulta, que oscila entre os 10 e os 19 anos.

Cómpre entender esta etapa coma un período cheo de cambios, no que o/a neno/a irá descubríndose a sí mesmo/a na interrelación e contacto cos seus iguais e co entorno sociofamiliar no que convive.

Aparecen cambios físicos e biolóxicos, cambios cognitivos, coa aparición do pensamento abstracto e cambios socioemocionais.

Coñecer os cambios polos que pasará o noso fillo/a adolescente fai comprender o seu comportamento: a procura dunha identidade persoal coa que se sinta seguro/a, a necesidade de independencia dos proxenitores, a importancia do grupo de iguais, etc.

A forma na que afronte as súas experiencias vitais influirá  na creación da súa personalidade e do seu autoconcepto.

Ata aquí, o esperable. Pero, que pasa se a este cóctel de hormonas lle unimos UNHA PANDEMIA???

¡¡¡¡¡BOOOM!!!!

Era esperable que, debido á inestabilidade emocional propia desta etapa, a Covid incidira de forma significativa no desenvolvemento social e emocional dos nosos/as adolescentes.

Así, na actualidade atopámonos cunha maior demanda de consultas sicolóxicas de rapaces que refiren medos, inseguridades no contacto cos demais, dificultades atencionais, baixa autoestima e que non conseguen determinar a orixe dos seus bloqueos e do seu malestar.

A incertidume na que están a vivir, os cambios constantes nas restricións sociais, as dúbidas sobre a evolución médica e política son factores de risco que ameazan a saúde mental.

Estes aspectos xeran un aumento de estrés e de ansiedade na poboación xeral, e, en particular, na poboación infanto-xuvenil, observando un aumento da presenza de sintomatoloxía de tipo ansioso ou ansioso-depresivo de intensidade variable.

A vivencia emocional da pandemia tradúcese en agotamento excesivo, cambios de humor, sentimentos de soidade, labilidade emocional ou maior irascibilidade, sendo síntomas moi comúns que interfiren e manifestan a gran vulnerabilidade que están a percibir.

Chegados a este punto, como podemos axudarlles a xestionar estas emocións?

  1. Como pais e nais, debemos entender que xera estes cambios condutuais e emocionais neles, non restándolle importancia á situación excepcional á que nos enfrontamos.
  2. Fomentar unha comunicación que favoreza a autoconciencia do seu malestar emocional, pois na gran maioría de veces o manifestan con cambios de humor e cambios comportamentais pero non saben relacionar que esas condutas son resultado dos seus sentimentos.
  3. Ensinarlles a vivir o presente, aceptando as restricións de contacto social con familiares e amigos/as.
  4. Manter rutinas, tanto académicas como co tempo de lecer.
  5. Ser pacientes e comprensivos.
  6. Permitir o contacto co grupo de iguais, sempre cumprindo e respectando as normas sanitarias.
  7. Pedir axuda especializada se os síntomas perduran no tempo e se se ven afectados os diferentes contextos sociais do menor (académico, persoal e familiar).

Alba A. De Fariña García

Psicóloga col. G-5013

no replies

Leave your comment